Logotipo Seguridade A1
XERADOR DE NÉBOA
XERADOR DE NÉBOA

O xerador de néboa é un novo e efectivo complemento de seguridade ás instalacións anti-roubo convencionais, compatible con tódolos sistemas de alarma existentes. Nuns poucos segundos, o xerador emite unha densa néboa que fai imposible orientarse no local e ver os obxectos de valor a roubar. Ao negar a capacidade de ver e desprazarse pola instalación, convértese no aliado perfecto para disuadir aos intrusos tanto do roubo como de causar estragos na propiedade. Atrapado na densa néboa, o ladrón queda desorientado e  buscará de inmediato unha saída. Este sistema actúa de xeito inmediato, polo que resolve o problema dos tempos de actuación por parte das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

A néboa seca é totalmente inocua para as persoas e animais, equipos electrónicos, maquinaria, mobiliario ou para o material almacenado, tal e como avalan os estudios de numerosos laboratorios de todo o mundo.

Os xeradores de néboa teñen un deseño elegante e discreto, e poden ser facilmente instalados sen realizar obras no local e en calquera lugar e posición. Tamén se pode optar por instalalos ocultos en falsos teitos ou paredes.

Trátase dun sistema de seguridade rendible e efectivo, cunha longa vida útil. Pode ser activado múltiples veces empregando o mesmo depósito de fluído, e o seu consumo eléctrico equivale ao dunha bombilla convencional. Os contedores de fluído, herméticos e resistentes, remprázanse facilmente de forma rápida e segura nuns poucos minutos.

 
SELECT * FROM v_noticia WHERE (noticia_web_id_web='12' and noticia_topico_id_topico='15') and (noticia_web_web_estado=10 and ((now() < noticia_web_web_caducidad) and (now() > noticia_web_web_fecha_publicacion)) and noticia_estado=20 and noticia_contenido_lang=1) order by noticia_web_web_fecha_publicacion desc LIMIT 1 offset 0
Programa de incentivos á contratación
Sistemas de Seguridade A1 resulta adxudicataria dunha axuda no programa de incentivos á contratación.  Programa de incentivos á contratación
 
SELECT * FROM v_noticia WHERE (noticia_web_id_web='12' and noticia_topico_id_topico='15') and (noticia_web_web_estado=10 and ((now() < noticia_web_web_caducidad) and (now() > noticia_web_web_fecha_publicacion)) and noticia_estado=20 and noticia_contenido_lang=1) order by noticia_web_web_fecha_publicacion desc LIMIT 1 offset 1
Sistemas de Seguridade A1 mellora o seu sistema de centralización

SEGURIDADE A1 resultou unha das beneficiarias das subvencións convocadas polo Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) para proxectos de aforro e eficiencia enerxética.

  Sistemas de Seguridade A1 mellora o seu sistema de centralización
 
SELECT * FROM v_noticia WHERE (noticia_web_id_web='12' and noticia_topico_id_topico='15') and (noticia_web_web_estado=10 and ((now() < noticia_web_web_caducidad) and (now() > noticia_web_web_fecha_publicacion)) and noticia_estado=20 and noticia_contenido_lang=1) order by noticia_web_web_fecha_publicacion desc LIMIT 1 offset 2
Vivir máis seguros: Seguridade na vivenda
A nosa vivenda debe ser un lugar onde nos sintamos seguros e protexidos. Por iso, debemos ter en conta unha serie de aspectos para poder avaliar e mellorar a súa seguridade.  Vivir máis seguros: Seguridade na vivenda
 
SELECT * FROM v_noticia WHERE (noticia_web_id_web='12' and noticia_topico_id_topico='15') and (noticia_web_web_estado=10 and ((now() < noticia_web_web_caducidad) and (now() > noticia_web_web_fecha_publicacion)) and noticia_estado=20 and noticia_contenido_lang=1) order by noticia_web_web_fecha_publicacion desc LIMIT 1 offset 3
Nova normativa de seguridade privada
Co fin de mellorar a calidade e integridade dos sistemas de seguridade e a profesionalidade do sector, para desta forma, reducir as continuas falsas alarmas e os conseguintes desprazamentos innecesarios das Forzas e Corpos de Seguridade.  Nova normativa de seguridade privada
 
© 2013 SISTEMAS DE SEGURIDADE A1, S.L. 902 292 121

info@seguridadea1.com

Mapa Web Aviso Legal Logo veritas
Deseño: RuNa dc