Logotipo Seguridade A1

Amestramentos

No campo dos amestramentos ofrecemos multitude de solucións e posibilidades:

Amestramento simple

Unha única chave (a mestra) abre todas as portas que se desexe, conservando cada unha delas a súa propia chave.

Amestramento tipo portal

De grande aplicación en comunidades: un propietario cunha soa chave pode abrir todas as portas da súa propiedade: o portal, o garaxe, a súa propia vivenda... mais sen posibilidade de abrir a vivenda dos seus veciños.

Amestramento de grupos

Formando grupos independentes, cada un coa súa chave mestra, e unha mestra que abre todas as portas. Pode considerarse como varios amestramentos simples sobre os que actúa unha grande mestra. Moi empregado en hoteis, hospitais, centros públicos, etc.

Amestramento cruzado

É o tipo de amestramento máis completo: neste sistema unha chave mestra dun grupo pode abrir unha ou varias portas de grupos diferentes. Emprégase fundamentalmente para restrinxir os accesos en función de xerarquías.

Amestramentos con cilindro electrónico intelixente

Amestramento modificable a vontade

Disponse dun primeiro amestramento modificable á vontade do usuario. O propietario do local pode variar, cantas veces o desexe, a validación das chaves nas diferentes portas, pois mecanicamente son idénticas.

Amestramento mecánico + plus de seguridade

Combinando o amestramento mecánico co electrónico, disponse dunha seguridade engadida. Un usuario, non veciño do inmoble, pode dispoñer dunha chave de entrada no garaxe, mentres os veciños dispoñen de chaves que mecanicamente forman parte do plano de amestramento para accesos comúns, e para os accesos propios dispoñen ademais da seguridade electrónica

SELECT * FROM v_noticia WHERE (noticia_web_id_web='12' and noticia_topico_id_topico='42') and (noticia_web_web_estado=10 and ((now() < noticia_web_web_caducidad) and (now() > noticia_web_web_fecha_publicacion)) and noticia_estado=20 and noticia_contenido_lang=1) order by noticia_web_web_fecha_publicacion desc LIMIT 1 offset 0
PECHADURAS DE PERFIL EXCLUSIVO ABLOY
No noso afán por ofrecer aos nosos clientes a maior seguridade e calidade, apostamos polo fabricante Abloy para adquirir un perfil exclusivo para sistemas de pechaduras de máxima seguridade.  PECHADURAS DE PERFIL EXCLUSIVO ABLOY
 
SELECT * FROM v_noticia WHERE (noticia_web_id_web='12' and noticia_topico_id_topico='42') and (noticia_web_web_estado=10 and ((now() < noticia_web_web_caducidad) and (now() > noticia_web_web_fecha_publicacion)) and noticia_estado=20 and noticia_contenido_lang=1) order by noticia_web_web_fecha_publicacion desc LIMIT 1 offset 1
CAIXAS CERTIFICADAS PARA ALTO RISCO
Cando as esixencias de seguridade son maiores, a certificación da caixa forte segundo a Norma europea UNE-EN 1143, ofrece unha garantía efectiva mediante probas de resistencia ao ataque.  CAIXAS CERTIFICADAS PARA ALTO RISCO
 
© 2013 SISTEMAS DE SEGURIDADE A1, S.L. 902 292 121

info@seguridadea1.com

Mapa Web Aviso Legal Logo veritas
Deseño: RuNa dc