Logotipo Seguridade A1

Control de accesos e presencia

A función principal dun sistema de control de accesos e presenza é a comprobación, inspección e intervención do paso ou circulación de persoas, obxectos e vehículos a unha zona previamente definida como área de control ou restrinxida.

Seguridade A1 traballa con toda a gama de tecnoloxía existente, ofrecendo controis de accesos e presenza de gran versatilidade, cunha arquitectura aberta e modular baseada en distintas tecnoloxías e sistemas de lectura, totalmente integrables con outros sistemas de seguridade. Dende sistemas cunha xestión sinxela ata lectores de funcións avanzadas, axeitados para diversos ambientes e deseñados para adaptarse a operativas de funcionamento específicas e para entornos complexos. Todo isto controlado por plataformas de hardware e software de primeiro nivel, pensadas para as necesidades concretas de cada instalación.

En Seguridade A1 ofrecemos solucións globais: lectores, barreiras e software, incluíndo a impresión personalizada de tarxetas, e solucións tanto on-line como off-line, con monitorización en tempo real, aplicando unha ampla variedade de tecnoloxías: radiofrecuencia, huella dactilar, biometría facial, lectura de iris, banda magnética, tarxeta de proximidade, código de barras, tarxetas Mifare, RF-ID ou chave electrónica.

Todo tipo de solucións en control de accesos

  • Sistemas de control de accesos autónomos e centralizados, con posibilidade de conexión TCP/IP, Wifi, GSM ou USB.

  • Sistemas de control de presenza e horarios, abarcando dende unha xestión de horarios sinxela para pequenos negocios ata a súa integración con complexos sistemas ERP para grandes empresas.

  • Control de vehículos e lectura automática de matrículas

  • Solucións especiais para grandes empresas, con sistemas informáticos de alto nivel

  • Escáner de persoas, vehículos e paquetería

  • Contadores de persoas

  • Molinetes xiratorios, portillos automáticos e pasillos controladores para grandes tránsitos.

  • Torniquetes con apertura con tarxeta, fichas ou moedas

  • Simuladores de presencia e videoporteiros IP

  • Solucións especiais para ximnasios, centros deportivos, SPA, aparcamentos, industrias, hoteis ou edificios públicos

SELECT * FROM v_noticia WHERE (noticia_web_id_web='12' and noticia_topico_id_topico='34') and (noticia_web_web_estado=10 and ((now() < noticia_web_web_caducidad) and (now() > noticia_web_web_fecha_publicacion)) and noticia_estado=20 and noticia_contenido_lang=1) order by noticia_web_web_fecha_publicacion desc LIMIT 1 offset 0
CONTROL DE VEHÍCULOS E LECTURA AUTOMÁTICA DE MATRÍCULAS
Os sistemas de control de vehículos permiten asegurar, recoñecer e controlar o acceso de vehículos a zonas perimetralmente aseguradas, proporcionando información actualizada das entradas e saídas.  CONTROL DE VEHÍCULOS E LECTURA AUTOMÁTICA DE MATRÍCULAS
 
SELECT * FROM v_noticia WHERE (noticia_web_id_web='12' and noticia_topico_id_topico='34') and (noticia_web_web_estado=10 and ((now() < noticia_web_web_caducidad) and (now() > noticia_web_web_fecha_publicacion)) and noticia_estado=20 and noticia_contenido_lang=1) order by noticia_web_web_fecha_publicacion desc LIMIT 1 offset 1
CONTROLE OS ACCESOS AO SEU NEGOCIO
A integración de sistemas de control de accesos e presenza ofrecen toda unha serie de vantaxes que nos permiten definir como, cando e a onde pode acceder cada quen, ao tempo que facilitan o control...  CONTROLE OS ACCESOS AO SEU NEGOCIO
 
© 2013 SISTEMAS DE SEGURIDADE A1, S.L. 902 292 121

info@seguridadea1.com

Mapa Web Aviso Legal Logo veritas
Deseño: RuNa dc