Logotipo Seguridade A1

PCI - Protección contra incendios

En Seguridade A1 procuramos sistemas de detección e extinción de incendios co máis alto nivel de protección, tanto na fase de deseño e instalación como na prestación dos servizos de mantemento preventivo e correctivo. Porque somos conscientes de que o lume constitúe un grave risco para a integridade de bens e equipos e, o máis importante, para as vidas humanas.

O noso departamento de enxeñería conta co software máis actual para apoiar o proceso de deseño de calquera tipo de instalación, por complexa que sexa. Programas informáticos que, combinados cos coñecementos de deseño precisos, nos permiten efectuar o cálculo hidráulico de instalacións de auga, seccións de tubaxes, cálculos de descarga en instalacións de extinción mediante gases, etc. Ademais, o noso equipo de deseño é experto na aplicación da lexislación así como nos métodos de avaliación do risco de incendio como o método Gretener, FRAME, ERIC, Purt, etc, así coma na aplicación das normas europeas UNE e dos estándares NFPA ou CEPREVEN.

A instalación e mantemento de sistemas de PCI debe ser realizada por empresas instaladoras e mantedoras autorizadas, xa que é preciso un coñecemento técnico moi preciso para poder avaliar os riscos do local a protexer e aplicar axeitadamente a normativa en vigor.

En Seguridade A1 dispomos da autorización da Consellería de Industria para a instalación e mantemento de todo tipo de sistemas de detección e extinción de incendios, contando cun taller propio dotado coa maquinaria e medios técnicos máis avanzados. Prestamos un servizo integral de deseño, instalación e mantemento técnico de todo tipo de sistemas e equipos de protección contra incendios.

Detección e alarma

Extintores portátiles

Sistemas extinción manual

Extinción automática

Detección de gases

Outras actuacións

SELECT * FROM v_noticia WHERE (noticia_web_id_web='12' and noticia_topico_id_topico='44') and (noticia_web_web_estado=10 and ((now() < noticia_web_web_caducidad) and (now() > noticia_web_web_fecha_publicacion)) and noticia_estado=20 and noticia_contenido_lang=1) order by noticia_web_web_fecha_publicacion desc LIMIT 1 offset 0
EXTINTOR ECOLÓXICO
Presentamos un extintor cunha gran capacidade de resposta ante o lume pero máis respectuoso co medio ambiente, grazas a súa especial combinación de auga con aditivo AFFF.  EXTINTOR ECOLÓXICO
 
SELECT * FROM v_noticia WHERE (noticia_web_id_web='12' and noticia_topico_id_topico='44') and (noticia_web_web_estado=10 and ((now() < noticia_web_web_caducidad) and (now() > noticia_web_web_fecha_publicacion)) and noticia_estado=20 and noticia_contenido_lang=1) order by noticia_web_web_fecha_publicacion desc LIMIT 1 offset 1
SISTEMA DE DILUVIO
O sistema de diluvio é un sistema de tubaria seca con rociadores abertos e boquillas difusoras, conectado a unha rede de subministro de auga controlada por unha válvula de diluvio que permanece pechada hermeticamente.  SISTEMA DE DILUVIO
 
© 2013 SISTEMAS DE SEGURIDADE A1, S.L. 902 292 121

info@seguridadea1.com

Mapa Web Aviso Legal Logo veritas
Deseño: RuNa dc