Logotipo Seguridade A1

Outras actuacións

Sistemas de bombeo e equipos de presión

En Seguridade A1 calculamos e instalamos os grupos de presión precisos para o abastecemento de sistemas de PCI, partes fundamentais dunha instalación contra incendios xa que son responsables de proporcionar as condicións de presión e caudal necesarias para o seu funcionamento.

Sinalización fotoluminiscente

Dispoñemos dunha ampla gama de sinais, balizamentos e planos "voste está aquí" para informar sobre a situacións dos equipos e instalacións de protección contra incendios, así como para facilitar o uso das vías de evacuación establecidas.

Alumeado de emerxencia

Considerado como parte do sistema de protección contra incendios, xa que segundo a normativa vixente é precisa a disposición de luces de emerxencia nos caminos de evacuación e saídas, así como o seu mantemento anual.

Aditivos para a extinción de lumes

Seguridade A1 distribúe produtos ignífugos e aditivos que aumentan a eficacia da auga na extinción e prevención de incendios forestais, con eficacia avalada por ensaios levados a cabo por diversos organismos acreditados.

Portas cortalume

Delimitan sectores de incendio e contan con propiedades específicas de resistencia ao lume. No caso de portas permanentemente abertas, estas suxéitanse cun electroimán ao sistema de detección, para que no caso de incendio se pechen de xeito automático, impedindo ou retardando o paso do lume.

Mantas ignífugas

Axeitadas para reaccionar rápida e eficazmente en situacións de incendio, sofocando as chamas e protexendo ás persoas ou obxectos de valor, tanto no ámbito industrial como doméstico. As mantas ignífugas están elaboradas en fibra de vidro de alta calidade, son lixeiras, flexibles e económicas. A aparencia e textura é moi similar a unha manta convencional, pero fabricadas a partir de fibras completamente ignífugas e inocuas á pel, aos ollos e ao aparato respiratorio.

Formación "in company" e simulacros de incendio

En Seguridade A1 contamos con persoal experto e cos medios técnicos precisos para levar a cabo formación a medida na extinción de incendios, así como a organización de simulacros, obrigatorios anualmente en numerosos centros como parte do mantemento do Plan de Autoprotección implantado.

Todo tipo de accesorios

Carros e todo tipo de soportes para extintores, armarios e fundas para equipos de extinción, equipamento para bombeiros, etc.

SELECT * FROM v_noticia WHERE (noticia_web_id_web='12' and noticia_topico_id_topico='50') and (noticia_web_web_estado=10 and ((now() < noticia_web_web_caducidad) and (now() > noticia_web_web_fecha_publicacion)) and noticia_estado=20 and noticia_contenido_lang=1) order by noticia_web_web_fecha_publicacion desc LIMIT 1 offset 0
EXTINTOR ECOLÓXICO
Presentamos un extintor cunha gran capacidade de resposta ante o lume pero máis respectuoso co medio ambiente, grazas a súa especial combinación de auga con aditivo AFFF.  EXTINTOR ECOLÓXICO
 
SELECT * FROM v_noticia WHERE (noticia_web_id_web='12' and noticia_topico_id_topico='50') and (noticia_web_web_estado=10 and ((now() < noticia_web_web_caducidad) and (now() > noticia_web_web_fecha_publicacion)) and noticia_estado=20 and noticia_contenido_lang=1) order by noticia_web_web_fecha_publicacion desc LIMIT 1 offset 1
SISTEMA DE DILUVIO
O sistema de diluvio é un sistema de tubaria seca con rociadores abertos e boquillas difusoras, conectado a unha rede de subministro de auga controlada por unha válvula de diluvio que permanece pechada hermeticamente.  SISTEMA DE DILUVIO
 
© 2013 SISTEMAS DE SEGURIDADE A1, S.L. 902 292 121

info@seguridadea1.com

Mapa Web Aviso Legal Logo veritas
Deseño: RuNa dc