Logotipo Seguridade A1

Extinción automática

Sistemas ideados para a extinción automática de incendios mediante auga (rodaciores ou sprinklers, rociadores de diluvio ou nebulización, con ou sen espumóxeno), ou de gases de extinción (fundamentalmente CO2, gases químicos como o HFC, FE13 ou NOVEC 1230).

En Seguridade A1 contamos coa experiencia e persoal axeitados para o deseño deste tipo de instalacións, por complexas que sexan, en función das normativas vixentes e o espazo a protexer, aportando solucións específicas e a medida para garantir unha protección real ante o lume.

  • Sistemas de rociadores automáticos - sprinklers (convencionais ou de gran caudal). Os sistemas de rociadores permiten unha gran flexibilidade e solucións alternativas cando optamos por un sistema de extinción por auga. A enxeñería de deseño aplicada a estes sistemas é altamente especializada, dependendo de diversos factores como as condicións estruturais, tamaño do sector a protexer, a actividade desenrolada no edificio, materiais almacenados, etc. Correctamente deseñados e instalados, son sistemas altamente efectivos que permiten controlar incendios incluso de grandes dimensións, minimizando os danos provocados.
  • Sistemas de auga pulverizada que empregan o poder refrixerante da auga para restrinxir o nivel de temperatura en instalacións de alto risco como depósitos de líquidos inflamables, transformadores, estacións de carga de mercadorías perigosas, etc, evitando a propagación do lume ás edificacións lindeiras. Son sistemas de tubaxe seca con posibilidade de activación automática ou manual, e deben ser deseñados por persoal experto para un dimensionamento axeitado en función da zona a refrixerar.
  • Sistemas de extinción por espuma de alta, media ou baixa expansión. Altamente recomendados para almacéns ou en procesos produtivos, cando os produtos combustibles son líquidos inflamables. A elección do axente espumóxeno empregado e o dispositivo xerador da espuma depende do risco a protexer.
  • Sistemas de extinción por gases. Son sistemas limpos que non provocan residuos tras a extinción, protexendo tanto materiais como equipos eléctricos ou electrónicos, pero non aptos para calquera instalación. A elección dun ou doutro axente gaseoso determínase tras o estudo da posible natureza do incendio, o risco a protexer ou a posibilidade de existencia de persoal no local. Aplícanse habitualmente en salas informáticas, cuartos de cadro eléctrico, xeradores, ou lugares onde é precisa unha protección contra o lume sen danos colaterais (museos, galerías de arte, tendas de antigüidades, etc.)
SELECT * FROM v_noticia WHERE (noticia_web_id_web='12' and noticia_topico_id_topico='48') and (noticia_web_web_estado=10 and ((now() < noticia_web_web_caducidad) and (now() > noticia_web_web_fecha_publicacion)) and noticia_estado=20 and noticia_contenido_lang=1) order by noticia_web_web_fecha_publicacion desc LIMIT 1 offset 0
EXTINTOR ECOLÓXICO
Presentamos un extintor cunha gran capacidade de resposta ante o lume pero máis respectuoso co medio ambiente, grazas a súa especial combinación de auga con aditivo AFFF.  EXTINTOR ECOLÓXICO
 
SELECT * FROM v_noticia WHERE (noticia_web_id_web='12' and noticia_topico_id_topico='48') and (noticia_web_web_estado=10 and ((now() < noticia_web_web_caducidad) and (now() > noticia_web_web_fecha_publicacion)) and noticia_estado=20 and noticia_contenido_lang=1) order by noticia_web_web_fecha_publicacion desc LIMIT 1 offset 1
SISTEMA DE DILUVIO
O sistema de diluvio é un sistema de tubaria seca con rociadores abertos e boquillas difusoras, conectado a unha rede de subministro de auga controlada por unha válvula de diluvio que permanece pechada hermeticamente.  SISTEMA DE DILUVIO
 
© 2013 SISTEMAS DE SEGURIDADE A1, S.L. 902 292 121

info@seguridadea1.com

Mapa Web Aviso Legal Logo veritas
Deseño: RuNa dc