Logotipo Seguridade A1

Central receptora de alarmas (C.R.A.)

Seguridade A1 conta cun Centro operativo as 24 horas do día durante todo o ano para a recepción e xestión das alarmas do seus abonados, que ademais funciona como centro de seguridade dende o cal prestamos apoio ao persoal técnico e de vixilancia, mobilizando tódolos recursos materiais, técnicos e humanos precisos para a prestación dun servizo áxil e de calidade que garanta a seguridade dos nosos clientes.

Trátase dun centro de acceso restrinxido, videovixiado e blindado, atendido por persoal altamente cualificado cunha intensa formación teórico-práctica, e dotado con tecnoloxía de vangarda para a recepción e transmisión de todo tipo de sinais de alarma: roubo, atraco, incendio, alerta médica, bloqueo de ascensor...

Na nosa C.R.A. recíbese aviso de calquera anomalía das instalacións dos abonados, como desconexións de zonas, fallo de fluído eléctrico, batería baixa, conexión ou desconexión fóra do horario establecido ou o enmascaramento dun sensor. Contamos coa última tecnoloxía en comunicacións para o acceso bidireccional, o que nos permite interactuar remotamente cos sistemas conectados, a activación dos mesmos dende a central, apertura e peche, verificación de alarmas, emisión de históricos, modificación dos parámetros programados, etc. Tamén dispoñemos dun sistema exclusivo Vía Radio contra sabotaxes da liña telefónica, contando con repetidores propios por toda a xeografía galega.

Como complemento aos servizos telexestionados da C.R.A, poñemos á súa disposición o servizo de Acuda e Custodia de chaves. En caso de alarma, desprazamos a un Vixiante de Seguridade regulamentario ás instalacións do abonado, co fin de facilitar unha rolda de inspección e, no seu caso, facilitar as chaves ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

SELECT * FROM v_noticia WHERE (noticia_web_id_web='12' and noticia_topico_id_topico='36') and (noticia_web_web_estado=10 and ((now() < noticia_web_web_caducidad) and (now() > noticia_web_web_fecha_publicacion)) and noticia_estado=20 and noticia_contenido_lang=1) order by noticia_web_web_fecha_publicacion desc LIMIT 1 offset 0
PLATAFORMA MULTIMEDIA DE VIDEOVIXILANCIA
Trátase dunha plataforma software de televixilancia, multimedia e multimarca, que xestiona e distribúe sinais de cámaras e sensores, apoiada nunha infraestrutura tecnolóxica dinámica e adaptable. Permite a visualización de imaxes en tempo real.   PLATAFORMA MULTIMEDIA DE VIDEOVIXILANCIA
 
SELECT * FROM v_noticia WHERE (noticia_web_id_web='12' and noticia_topico_id_topico='36') and (noticia_web_web_estado=10 and ((now() < noticia_web_web_caducidad) and (now() > noticia_web_web_fecha_publicacion)) and noticia_estado=20 and noticia_contenido_lang=1) order by noticia_web_web_fecha_publicacion desc LIMIT 1 offset 1
MÓDULO ANTISABOTAXE
Os sistemas de protección de Seguridade A1 contan coa posibilidade de manter conexión permanente coa Central Receptora de Alarmas a través do módulo antisabotaxe máis completo do mercado.  MÓDULO ANTISABOTAXE
 
© 2013 SISTEMAS DE SEGURIDADE A1, S.L. 902 292 121

info@seguridadea1.com

Mapa Web Aviso Legal Logo veritas
Deseño: RuNa dc